Baiona, Gondomar e Nigrán forman a 20 persoas en atención sociosanitaria e limpeza

Hoxe deu comezo en Gondomar o Obradoiro de Emprego Dual “Coidando Miñor II”, no que 20 persoas recibirán formación teórica e práctica durante 12 meses. Serán dúas as especialidades impartidas nesta edición, unha en “Atención sociosanitaria á persoas dependentes” e a outra para “Servizos de limpeza, e xestión de residuos urbanos”.

Seis profesionais conforman o equipo directivo; un director, unha titora, unha administrativa, e unha docente para cada unha das especialidades. Trátase dun obradoiro financiado a través dunha subvención de 503.000 euros concedida pola Xunta de Galicia, no que cada un dos tres concellos, Baiona, Gondomar e Nigrán, achegan 5.000 euros.

Ao acto de presentación acudiron as 20 alumnas e alumnos seleccionados, así como os alcaldes de Gondomar, Paco Ferreira, e Nigrán, Juan González, acompañados pola Delegada en Vigo da Consellería de Emprego e Igualdade, Marta Mariño, así como os concelleiros de Emprego dos concellos de Baiona e Gondomar, Óscar Carreño e Rocío Goberna.

Nas súas intervencións os asistentes a este acto de inauguración quixeron poñer en valor a necesidade de que iniciativas coma esta sigan funcionando, xa que dan a oportunidade de recibir unha formación de moita calidade, cun nivel de inserción prácticamente do cento por cento.