Cancelada a conferencia prevista para hoxe no Multiusos de Sabarís

O Concello de Baiona informa da cancelación da conferencia prevista para hoxe ás 20:30 horas no Multiusos Mercado de Sabarís. A autora Elba Pedrosa ía presentar a súa novela “Lo que no sabías”. A cancelación responde a causas alleas á organización do Ciclo de Conferencias “O Falar das Pedras”. Este ciclo está organizado polo Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona Sancti Spiritus e está formado por un corpus de presentacións de libros e charlas divulgativas coa misión de potenciar o patrimonio cultural e a actualidade editorial.