Pechado o polígono de bateas de Baiona por marea vermella

A presenza de toxina lipofílica que se estende a preto do 40% da totalidade dos polígonos do mexillón en Galicia chegou á baía de Baiona e obriga á súa clausura de maneira cautelar. Así o decretou o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, Intecmar, que polo momento mantén pechado 20 dos 52 existentes na comunidade. Polo momento todos os situados na ría de Pontevedra permanecen pechados salvo un en Cangas, e na Ría de Vigo a marea vermella afecta ao 50% mentres na de Arousa a cifra ascende a cinco ao que se lle acaba de sumar o situado en Baiona. Respecto ás zonas de marisqueo, todas atópanse abertas menos unha na ría de Pontevedra e outras en Vigo, neste caso desde 2015. A toxina lipofílica, tamén coñecida polo acrónimo anglosaxón DSP provoca alteracións intestinais, sobre todo diarreas. A relación entre marea vermella e intoxicación levou a cabo por primeira vez en Xapón en 1978.

Anuncios