O PP de Nigrán insta a actualizar o III Plan de Igualdade

O PP de Nigrán presentou, no pleno de xaneiro, unha moción para definir unhas bases para axuda social, que permitisen axudar ás persoas en situación de vulnerabilidade mentres se tramita a axuda que lles corresponda, así como regular de forma obxectiva as axudas de emerxencia co fin de conseguir que esas axudas cheguen a todas as persoas que cumpran os requisitos.

“Aínda que o Alcalde votou en contra da moción criticando algúns dos aspectos da mesma, parece que lle serviu de inspiración e presentará no pleno do próximo luns unha proposta, similar á presentada polo PP, co fin de establecer as bases para regular as axudas sociais e de emerxencia”, sinala Carlos Abal.

Con motivo da proximidade do Día contra Violencia de Xénero (8 de marzo), o PP de Nigrán presentará no próximo pleno do luns 28 de febreiro unha moción para instar ao Concello de Nigrán a que actualice o III Plan de Igualdade do Concello elaborado por iniciativa do PP en 2014, “e que desde entón, a pesar de que o goberno presume de “social e progresista” permaneceu esquecido ata hoxe, nada menos que 7 anos no caixón socialista, como para que che saian as cores”.

“Esperamos que nesta ocasión o Sr. Alcalde apoie a moción, xa que se non fóra así, quedará en dúbida o seu apoio decidido pola Igualdade de Xénero”, conclúe o portavoz popular.