Carlos Gómez, Iria Lamas e Rubén Rial representarán ao Val Miñor na nova executiva provincial do PSdG-PSOE

O PSdeG-PSOE da provincia renovou os seus órganos colexiados na segunda xornada do 4º Congreso celebrado no Pazo de Congresos Mar de Vigo. A nova Comisión Executiva provincial está integrada por 55 persoas e está moi marcada pola integración e unión de todo o partido. Conta ademais con carácter feminista pola ampla representación das mulleres socialistas e unha escolma de militantes de tódalas comarcas.

O núcleo da Dirección provincial continúa encabezado por David Regades, que é o primeiro secretario xeral que repite dende que existe o mecanismo orgánico das Primarias. Ao seu lado continúan a silledense Paula Fernández como vicesecretaria xeral de Política; Manel Vázquez, da Illa de Arousa, como vicesecretario xeral de Acción Electoral, e o cañicense Luis Piña como secretario de Organización.

A pontevedresa Paloma Castro, que uniu a súa candidatura á de David Regades, ocupa a Secretaría de Política Institucional nunha listaxe na que repiten 32 nomes e hai 23 novas incorporacións.

O resto dos integrantes son: Marta Giráldez, de Meis, que ocupa a Secretaría de Igualdade; José Manuel Valcárcel (Pontevedra), Secretaría de Política Municipal; José Antonio Cacabelos (O Grove), Secretaría de Política Autonómica; Paola María (Vilagarcía), Secretaría de Infraestruturas e Mobilidade; Hugo Andrade (Sanxenxo), Secretaría de Dinamización das Agrupacións Locais; Josefina Silva (Vigo), Secretaría da Militancia; Manuel González (Caldas), Secretaría de Coordinación Territorial; Gregorio Agís (Poio), Secretaría de Desenvolvemento Urbano; Iria Lamas (Gondomar), Secretaría de Vivenda; Gloria Blanco (Pontevedra), Secretaría de Promoción Económica; Carlos Gómez (Baiona), Secretaría de Transición Ecolóxica; Manuel Pazos (Marín), Secretaría de Medio Ambiente; Verónica Pichel (Forcarei), Secretaría do Reto Demográfico; Gerardo Rodríguez (Oia), Secretaría do Medio Rural; Emiliano Lage (Forcarei), Secretaría de Política Forestal; Rubén Rial (Nigrán), Secretaría de Industria; Verónica Tourón (Salceda), Secretaría de Emprego; Montserrat Magallanes (A Guarda), Secretaría de Dinamización Económica; Enrique Cabaleiro (Tui), Secretaría da Cidadanía; Israel Mercader (Porriño), secretaría de Persoas con Discapacidade; Lorena Durán (Cerdedo-Cotobade), Secretaría de Economía Circular; Eugenio González (Cangas), Secretaría de Maiores; Tania García (Vilagarcía), Secretaría de Política Social; María Luz Santiago (Marín), Secretaría de Diversidade; Mario López (Lalín), Secretaría de Movementos Sociais; Ainhoa Fervenza (Sanxenxo), Secretaría de Turismo; José Sanmartín (Barro), Secretaría de Emprendemento e Comercio; Leonardo Cabaleiro (Redondela), Secretaría de Pesca; María José Vales (Vilanova), Secretaría de Confradías e Marisqueo; María del Carmen Larriba (Pontevedra), Secretaría de Cultura; Leticia Gallego (Vigo), Secretaría de Ciencia e Innovación; Helena Rodríguez (Vigo), Secretaría de Educación; Violeta Lois (Mondariz), Secretaría de Sanidade; Xoel Souto (Moraña), Secretaría de Deportes; Catalina Oubiña (Vilagarcía), Secretaría de Cooperación ó Desenvolvemento; María Ferreirós (Valga), Secretaría da Memoria Histórica; Alberto García (Catoira), Secretaría de Política Europea; Icía García (Meaño), Secretaría de Política Territorial; Vanesa Fernández (Pontecesures), Secretaría de Comunicación; Amadeo Cuñas (Pontevedra), Secretaría de Seguridade e Emerxencia; Fátima Abal (Cambados), Secretaría de Transparencia e Rexeneración Democrática; Manoel Loureiro (Cotobade), Secretaría de Estudos e Programas; Victoria Alonso (Mos), Secretaría de Formación; Mario Rodríguez (Moaña), Secretaría de Política Sindical; Francisco Santiago (Vigo), Secretaría adxunta á Organización; Gabriel González (Vilagarcía), Secretaría Executiva; Enrique García (Vigo), Secretaría Executiva; Amalia Lago (A Estrada), Secretaría Executiva; Leticia Moscoso (Vigo), Secretaría Executiva; Ángel Rivas (Vigo), Secretaría Executiva.

A nova Comisión Executiva foi apoiada polo 93% dos votos emitidos no Congreso, en tanto que os 150 integrantes do Comité Provincial (sobre un total de 300, no que a outra metade será designada polas agrupacións locais) recibiu un 95% de apoios. O Comité de Ética alcanzou tamén un 95% de apoio e, finalmente, o integrante designado polo Congreso para o Comité Federal, Agustín Fernández (Pontevedra), recibiu un 88% de votos favorables.