O Sergas avanza na cobertura das xefaturas de servizo de atención primaria na Área Sanitaria de Vigo

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Centro de Saúde do Val Miñor.

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a resolución da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión de varios postos de xefe/a de servizo de Atención primaria. En concreto, trátase de 7 prazas dos centros de saúde de Porriño, A Doblada, Pintor Colmeiro, Tui, Matamá, Val Miñor e Moaña.

Esta nova convocatoria se enmarca no proceso de resolución dos procedementos para renovar as xefaturas de servizo vacantes nos centros de saúde da área sanitaria. Hai que recordar que nos últimos meses xa resolveuse gran parte do proceso polo que hoxe en día xa hai 10 xefaturas cubertas: Lavadores, Casco vello, Beiramar, A Cañiza, Ponteareas, Sárdoma, Teis, Cangas, Rosalia de Castro e Lopez Mora.

Xefaturas de Unidade e Coordinacións de Enfermaría

Ademais, o DOG anuncia tamén a convocatoria doutros postos de Atención primaria: 7 xefaturas de Unidade e 2 Coordinación de Enfermaría.

As xefaturas de Unidade son para cubrir os centros de saúde de Salceda, Mos, Chapela, Panxón, As Neves, Salvaterra e Taboada Leal; e as Coordinacións de Enfermaría para os centros de Porriño e Teis.