Denuncian que embarcacións a motor navegan pola Foz do Miñor a altas velocidades

Voluntarios de Proxecto Ríos de Gondomar queren chamar a atención pública e denunciar que embarcacións a motor a altas velocidades navegan pola Foz do Miñor, que está dentro da Rede Natura desde o ano 1999. Así mesmo, afirman que nestes últimos días grupos de motos acuáticas perseguiron e acosaron a unha manda de arroaces que levan un tempo pola boca da ría de Baiona.