Baiona celebra a festividade de Santa Liberata

Este martes, 20 de xullo, a vila de Baiona honra á súa filla ilustre Santa Liberata. O día comezará ás 11:00 da mañá cunha misa rezada na Igrexa de Santa María de Baiona. Pola tarde, ás 20:00 horas, celebrarase a Misa Solemne tamén no templo parroquial, coa veneración da reliquia da ilustre paisana. Debido á crise sanitaria provocada polo Covid-19 non haberá a tradicional procesión polas rúas da vila.