Concerto de Lítore Quartet nos Xardíns da Biblioteca de Baiona

O domingo 18 de xullo os Xardíns do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona acollerán o concerto de Lítore Quartet ás 13:00 horas. Trátase dun cuarteto de saxofóns formado polo baionés Jaime Estévez Moreira (Saxo Soprano), Sira Pellicer Faus (Saxo Alto), Hugo Lomba Fernández (Saxo Tenor) e Miquel Flores I Mula (Saxo Tenor).

Lítore Quartet presentará “Alén”

Alén é unha viaxe musical que parte da Galicia da primeira metade do século XX e viaxa ata Sudamérica, simbolizando o exilio do pobo galego a través das diferentes sonoridades do cuarteto de saxofóns. Interpretarán obras de Aaron Siebert, Juan Durán, R. Hoffmann, A. Piazzolla, A. Romero e A. Rodulfo.