Ribera Povisa ofrece contrato a toda a XI promoción do Grao de Enfermería

Ribera Povisa ofreceu contrato aos 56 alumnos da XI promoción do Grao de Enfermería da Escola de Povisa, e que recolleron hoxe, nun acto que tivo lugar ás 17:30 horas no centro social Afundación de Vigo, os diplomas que os acreditan como titulados universitarios en Enfermería.

A Escola de Enfermería de Povisa retoma a celebración do acto de gradación que non puido celebrarse o ano pasado por mor da pandemia. Nesta ocasión, será diferente ao doutros anos pola limitación de aforo e as medidas de seguridade ás que obriga a actual situación sanitaria.

Participaron no acto tanto o alcalde de Vigo, Abel Caballero, como o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ademais do xerente de Ribera Povisa, Rafael Cabadas, e o director executivo europeo de Centene Corporation, Alberto de Rosa. No acto tamén estiveron o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa; a directora de Enfermería de Ribera Povisa, Cristina Serra; e Alfonso García, director da Escola, entre outros. En representación do grupo Ribera tamén estivo a xefa corporativa de Enfermería, Pepa Soriano, quen foi ademais a encargada de pronunciar a conferencia maxistral.