A remodelación da primeira vivenda social de Gondomar podería iniciarse na primavera

Gondomar contará cunha vivenda de alugueiro social que se emprazará na antiga casa dos mestres de Nande, na parroquia de Mañufe. Unha iniciativa que podería poñerse en marcha a próxima primavera xa que as datas que manexa o goberno estiman que ao longo de febreiro póidase dar luz verde á licitación das obras de remodelación desta vivenda.

A actuación centrarase no interior do inmoble dado o bo estado de conservación da súa fachada e a súa cuberta. Desta forma está previsto redistribuír os espazos para dotala de dúas habitacións, cociña e baño. Ademais substituiranse a instalación de fontanería, electricidade, xanelas e chans, e repararanse as filtracións de humidade existentes.

O inmoble, que leva anos inactivo, funcionou como escola rural e na actualidade está en desuso por falta de alumnos. Tras o seu peche a Consellería de Educación transferiu esta casa como outras que se atopan en distintas parroquias do municipio ao concello, co fin de que se destinen a outros usos, como no caso da casa dos mestres que será a primeira vivenda de aluguer social.