Más de medio ciento de colectivos gallegos piden la moratoria a nuevos parques eólicos

FOTO: SOS GROBA // Recreación do parque eólico na Serra do Galiñeiro.

Unos 60 colectivos gallegos del ámbito ecologista, sindical, vecinal, cultural y plataformas de personas y comunidades de montes afectadas por parques eólicos abusivos en Galicia, promueve el manifiesto “Aldeas con Horizonte” por lo que se reclama la moratoria de nuevos parques eólicos, la revisión de los ya aprobados en los que haya conflicto social y/o ambiental y la elaboración de un nuevo marco normativo en materia eólica que promueva en el país un modelo de implantación de esta energía más ordenada, sostenible, social, participativo, justo y racional.

Los colectivos firmantes pretenden con este manifiesto alertar sobre la amenaza que está suponiendo para el rural gallego a actual implantación de parques eólicos y que sigue un modelo depredador y abusivo con las comunidades locales, además de desatender la normativa actual en materia ambiental, patrimonial y paisajística. Asimismo, señalan un mínimo de 15 principios básicos que habían debido guiar la noticia normativa de desarrollo eólico en Galicia y que se exponen a continuación. El manifiesto “Aldeas con Horizonte” sigue abierto a nuevas adhesiones de entidades y colectivos, que podrán enviar su apoyo al correo electrónico: redegalegaporunruralvivo@gmail.com

Próximamente, también podrán apoyar el manifiesto personas particulares a través de una petición en la plataforma Change.org que estará dirigida al presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, y al vicepresidente segundo y Conselleiro de Industria, Francisco Conde. A continuación, se transcribe el manifiesto íntegro.

Manifesto “Aldeas con Horizonte”

POLA MORATORIA DE NOVOS PARQUES EÓLICOS E POR UN NOVO MODELO DE DESENVOLVEMENTO EÓLICO PARA GALIZA

Galiza estase vendo sometida a un proceso de intensificación eólica sen precedentes, que resulta demoledor para o medio rural e os habitantes. O actual modelo de implantación da enerxía eólica en Galiza segue tendo como referencia principal un marco normativo e institucional desfasado, de finais dos anos 90, que favorece ao grande oligopolio enerxético fronte os dereitos das comunidades locais afectadas e o interese colectivo. Unha normativa reforzada desde 2017 pola Lei galega de fomento da implantación de iniciativas empresariais (“Lei de Depredación”) que permite axilizar a tramitación e posta en marcha dos novos proxectos eólicos restrinxindo a participación pública e outorgándolle ás empresas dereitos de usurpación das terras.

Malia a superarmos os 100 concellos con parques eólicos, ter máis de 4000 aeroxeradores instalados nos nosos montes e representar case o 15% de toda a potencia eólica instalada no Estado (aínda que Galiza só representa o 5,8% da superficie estatal), o pobo galego parece condenado a seguir producindo enerxía eólica de forma irracional e ata o infinito, sen ter en conta as necesidades da poboación, ou o seu impacto sobre os espazos naturais, a paisaxe, o patrimonio cultural, as economías locais ou a calidade de vida das persoas e comunidades que viven no rural. A día de hoxe, a media de produción eólica en Galiza é de 115 kW/km2, fronte os 46 kw/Km2 do Estado español, ou os 72 kW/km2 de Alemaña. A perpetuación dun modelo de desenvolvemento eólico obsoleto, colonial, insostíbel e cada vez máis antisocial constitúe unha nova ameaza e unha motivación máis para abandonar o rural que, nos últimos 30 anos xa perdeu 2000 núcleos de poboación. Os parques eólicos que se están a aprobar nesta segunda enxurrada de proxectos están a deixar as aldeas galegas sen horizonte. Ademais de destruír a súa paisaxe, comprometen o seu futuro, fomentan o seu empobrecemento e deprecian os seus bens materiais, culturais e ambientais.

Desde finais de 2019, o goberno galego e español tramitan en conxunto uns 75 megaparques eólicos, que se suman aos 180 xa en explotación, e que serán aprobados pola vía da urxencia e sen couto, coa idea de acadar os 5000 MW de potencia instalada en 2020. Porén a cobiza do lobby enerxético en Galiza non ten límite e pretende ata 2030 duplicar a potencia instalada, ampliando as áreas de expansión eólica a vales, zonas húmidas, agras, primeira liña de costa e, incluso, preto dos núcleos de poboación, a carón das nosas casas. Fronte a este novo atropelo ambiental e social, xa somos numerosas as plataformas e colectivos que nos alzamos na reclama da derrogación do marco normativo eólico que favorece este modelo depredador co rural galego e que se concreta na Lei 8/2009 de aproveitamento eólico de Galiza, no Plan Sectorial Eólico aprobado en 1997 e modificado en 2001, e na Lei 5/2017 de fomento da implantación de iniciativas empresariais. Así mesmo, reclamamos a elaboración en Galiza dun novo marco normativo que promova un modelo de desenvolvemento eólico máis social, ecolóxico e racional, que protexa o territorio e as comunidades rurais de proxectos eólicos abusivos e insostíbeis.

E mentres que o goberno galego non derrogue a normativa citada e non deseñe un novo marco regulamentario en materia de desenvolvemento eólico para Galiza, as entidades e organizacións que asinan este manifesto reclaman a urxente moratoria de novos proxectos eólicos no territorio galego e a revisión daqueles aprobados que xeren conflitos sociais e/ou ambientais.

O novo marco normativo debería fundamentarse, cando menos, nos seguintes 15 PRINCIPIOS:

1. Planeamento eólico para a unha transición ecolóxica ordenada e xusta.

Tal e como está concibida, a implantación masiva de parques eólicos en Galiza non está respondendo a un proceso ordenado e planificado de transición ecolóxica e carece de estratexia de cara a acadar a descarbonización da economía galega e reducir a dependencia de Galiza das enerxías fósiles. O actual proceso utiliza a transición ecolóxica como instrumento de “lavado verde” das espurias intencións das compañías eléctricas, que non son outras que engordar os seus beneficios e conquistar para o seu particular beneficio gran parte do noso territorio. A falta dun plan eólico enmarcado na transición ecolóxica está a permitir ademais que as grandes industrias contaminantes de Galiza se reconvertan ao negocio eólico sen ter reparado previamente a súa débeda ecolóxica nin ofrecer alternativas ao impacto social xerado.

2. Democratización e soberanía enerxética.

O modelo vixente de implantación eólica é colonial e antidemocrático, concentra todos os dereitos de produción e distribución da enerxía en mans dunhas poucas e grandes empresas (oligopolio enerxético), que se benefician da ausencia dunha ordenación territorial e duns gobernos centralistas e tecnócratas, que impiden a participación da cidadanía na toma de decisións, no deseño e planificación, no acceso e reparto dun ben esencial para a vida, como é a enerxía. As persoas titulares das terras e a sociedade galega no seu conxunto deben ter unha participación activa na gobernanza deste recurso colectivo, que atenda a criterios de sustentabilidade, distribución equitativa e accesibilidade á enerxía.

3. Aforro, eficiencia e autosuficiencia enerxética.

Fronte á produción ilimitada de enerxía eólica, o uso e explotación do recurso enerxético de Galiza debe sustentarse fundamentalmente en criterios de aforro, eficiencia e autosuficiencia enerxética, de xeito que a adxudicación de megavatios non dependa só da dispoñibilidade do recurso ou do rédito económico para as empresas, senón das necesidades de acceso á enerxía por parte da poboación e da posta en marcha de plans de aforro e eficiencia enerxética nos distintos sectores económicos e sociais do país. Así mesmo, as subvencións públicas á enerxía eólica deben primar os proxectos de aforro, eficiencia e autosuficiencia enerxética fronte aqueles que só procuren obxectivos de produción e non revertan en beneficio social. Paralelamente, deberíanse impulsar mecanismos de penalización do consumo electrointensivo.

4.Repotenciamento fronte novas instalacións.

Completando o punto anterior, a repotenciación dos parques eólicos existentes debe prevalecer sobre a autorización de novos proxectos eólicos.

5. Fomento do autoconsumo e a produción a pequena escala.

Para superar o reto climático e acadar a democratización, soberanía e autosuficiencia enerxética, cómpre que a nova normativa eólica de Galiza impulse e apoie decididamente proxectos de autoconsumo e de produción a pequena escala (mini-eólica) que aproximen as distancias entre as fontes xeradoras e consumidoras e contribúan a reducir drasticamente as emisións contaminantes derivadas do transporte da enerxía e a discriminación entre os diferentes territorios.

6. Iniciativa pública e comunidades enerxéticas fronte a privatización dos beneficios.

Os proxectos eólicos que se están a aprobar pola Xunta de Galiza non deixan ningún beneficio social nin económico nas comunidades rurais nas que se asentan. Para superar esta eiva, cómpre apostar por proxectos de desenvolvemento eólico de iniciativa pública, destinados a garantir o acceso á enerxía da sociedade civil e a xestionar de forma racional e equitativa, e baixo criterios de sustentabilidade e xustiza social, o recurso enerxético. Ou ben, pular pola creación de comunidades enerxéticas locais que primen os obxectivos sociais e ambientais (infraestruturas sanitarias, educativas, transporte colectivo…) sobre a rendibilidade financeira dos proxectos e involucren á veciñanza afectada e a outros actores sociais, como entidades sen ánimo de lucro, empresas, cooperativas ou administracións públicas. As comunidades enerxéticas outorgan empoderamento e un trato máis xusto ás poboacións rurais afectadas e contribúen á economía local e a sociabilizar os beneficios dos proxectos eólicos.

7. Concesións públicas fronte a autorizacións administrativas.

Á diferenza doutro tipo de aproveitamentos de recursos públicos e renovables, como no caso da enerxía hidroeléctrica, o dereito a explotar o vento en Galiza réxese polo réxime de autorización administrativa e non polo réxime de concesión pública. Isto implica que as compañías eléctricas beneficiarias dunha autorización administrativa para o aproveitamento eólico no noso territorio adquiren ese dereito para sempre, eliminando calquera posibilidade presente ou futura de participación social no desenvolvemento eólico do país. Consideramos, por tanto, que o dereito de explotación do vento en Galiza, como recurso de carácter público, debe ser outorgado a través de concesións administrativas con data de caducidade.

8. A expropiación de terras como última opción.

A coñecida como “Lei de Depredación” da Xunta de Núñez Feijóo eliminou calquera atranco á expropiación de terras para o desenvolvemento de proxectos eólicos, deixando a veciñanza e as comunidades de montes totalmente indefensas ante os privilexios de usurpación dos dereitos de propiedade das compañías eléctricas. Os parques eólicos son considerados por defecto de “utilidade pública”, malia a ser todos eles de iniciativa privada, prevalecendo por riba de calquera outro dereito. O novo marco normativo debe obrigar as empresas promotoras a demostrar coas suficientes garantías o interese social e a utilidade pública dos seus proxectos para poderen ser executados. Así mesmo, debe considerarse a expropiación como última opción, tendo as empresas que xustificar diante da administración pública por que non chegaron a acordo cos propietarios. En caso de incompatibilidade coa actividade vocacional ou básica para a supervivencia da comunidade rural afectada, deberá prevalecer esta sobre o dereito de explotación do aproveitamento eólico. E, en caso de expropiación, deberá terse en conta a depreciación de todos os bens afectados directa ou indirectamente polo proxecto eólico, non só a superficie ocupada polos aeroxeneradores, tendo que indemnizar a totalidade dos bens.

9. Consulta pública real e efectiva.

A Lei de depredación tamén permite tramitar os expedientes de expropiación ao mesmo tempo que os proxectos empresariais e alixeirar a tramitación administrativa dos expedientes reducindo os tempos de consulta pública e os prazos de presentación de alegacións. Estas circunstancias fan imposible que a consulta pública dos proxectos sexa participativa, real e efectiva. Para acadala, o goberno galego debe derrogar a “Lei de Depredación” e facilitar e favorecer o acceso á información e a participación e consulta pública dos proxectos a través da nova normativa sectorial para o aproveitamento eólico en Galiza.

10. Penalizacións contundentes contra da fragmentación dos proxectos.

As administracións públicas fan a vista gorda a situacións de evidente fraude de lei nas que as compañías eólicas promotoras fragmentan os seus proxectos eólicos en proxectos máis pequenos para esquivar os atrancos da avaliación de impacto ambiental. Esta práctica frecuentemente recorrida para a implantación de parques eólicos en Galiza deberá ser absolutamente abolida e contundentemente penalizada por parte da Administración pública, de xeito que signifique a denegación automática do proxecto e a prohibición de poder optar a novos dereitos de explotación. Do mesmo xeito, as empresas eólicas deberán verse obrigadas a avaliar o impacto ambiental acumulativo de todas as infraestruturas necesarias para o desenvolvemento dos proxectos (parque eólico, liñas de evacuación, camiños de acceso, subestacións, etc.) e dos efectos sinérxicos con outros proxectos próximos.

11. Compatibilidade coa normativa vixente en materia ambiental, patrimonial e da paisaxe.

A actual normativa eólica non está adaptada nin é compatible coa actual e vixente normativa relativa ao medio ambiente, ao patrimonio cultural e á paisaxe. Ademais, está deseñada para uns proxectos eólicos con tecnoloxías hoxe obsoletas, que nada teñen a ver coas características técnicas dos parques que se están a implantar actualmente no país, aeroxeradores de maior potencia e tamaño, e que exercen, por tanto, maiores impactos no territorio.

12. Novas zonas de exclusión e plan de eliminación progresiva en Rede Natura.

É preciso ampliar as zonas de exclusión para parques eólicos, introducindo novos criterios de incompatibilidade que vaian alén da súa pertenza á rede de espazos naturais protexidos de Rede Natura 2000. As novas zonas de exclusión deberían contemplar os hábitats que sexan chave para loitar contra a mudanza climática e aqueles espazos que teñan un especial interese ambiental, paisaxístico, patrimonial, cultural, ou agropecuario. Tamén se deben considerar como zonas de exclusión aqueles espazos propostos para a ampliación da Rede Natura 2000, pendente desde hai 16 anos, e promover a elaboración dun Plan para a eliminación progresiva de parques eólicos dos espazos de Rede Natura.

13. Maiores distancias aos núcleos de poboación.

O actual marco normativo permite a instalación de aeroxeradores a 500 metros aos núcleos de poboación, independentemente das súas características técnicas e dimensións. A colocación de muíños eólicos de grande potencia e máis de 150 metros de altura a carón das casas implica un importante risco para a seguridade e integridade das persoas e un impacto acústico e paisaxístico inasumible para vivir dignamente. Da mesma forma, deberían establecerse distancias mínimas de seguridade aos núcleos de poboación de todas as demais infraestruturas incluídas nos proxectos eólicos.

14. Asesoramento e mediación regrada fronte contratos abusivos.

A forma na que se pechan contratos de aluguer ou acordos de expropiación con particulares e comunidades de montes polo uso das terras é opaca e ofrece a miúdo cláusulas abusivas, que deixan as poboacións locais nunha situación de total indefensión. Fronte isto, a administración pública debe promover mecanismos ou servizos de asesoramento e mediación para que as negociacións entre os particulares ou comunidades rurais e as empresas eléctricas sexan xustas e equilibradas, e eviten a sinatura de contratos abusivos.

15. Exclusión de empresas de dubidosa reputación.

Quedarán excluídas de participar en calquera proxecto eólico as empresas cuxa reputación sexa eticamente reprobable, por atentar contra os dereitos humanos ou ser causantes de conflitos sociais e ambientais neste ou noutros países. Tamén quedarán excluídas aquelas empresas que conten no seu cadro de persoal ou de accionistas persoas que ostenten ou teñan ostentado cargos públicos ou de representación política que puidesen ter influído, directa ou indirectamente, no beneficio particular das devanditas empresas.

Colectivos asinantes

Amarelante Sociedade Cooperativa
Amigos da Terra
Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde
Asociación Cultural e Ecolóxica Ridimoas
Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal
Asociación Cultural Movemento Oia
Asociación de Custodia do Territorio Verdeval (Gondomar)
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza – ADEGA
Asociación pola Defensa da Ría – APDR
Asociación Galega Cova Crea
Asociación Galega de Custodia do Territorio – AGCT
Asociación Ouriol de Anllóns
Asociación Parques Eólicos Outes-Mazaricos – APEOM
Asociación Petón do Lobo
Asociación Rebinxe
Asociación Salvemos Cabana
Asociación Veciñal do Saviñao
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán «AGRA»
Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns (Pontevedra)
Asociación Víctimas de la Justicia
Colectivo Agrocuir da Ulloa
Co-mando Ghichas
Comité de Defensa das Rías Altas
Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños – CEMMA
Cousa de Raíces
C.S. Mádia Leva
Ecoloxistas en Acción Galiza
Federación Rural Galega – FRUGA
Fundación Eira
Fundação Montescola
Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes – GEAS
Grupo Lobo
Grupo Naturalista Hábitat
Lugo de Cara ao Miño
Mancomunidade de Montes do Val Miñor
Mariña Patrimonio
Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común – ORGACCMM
Plataforma Quijote de Outes
Plataforma na Defensa do Monte Neme
Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza
Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna – Con-Ética
Plataforma por la Defensa de la Cordillera Cantábrica – PDCC
Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro
Plataforma Non Eólicos Bustelo, Campelo e Monte Toural
Quercus Sonora
Rede Galega por un Rural Vivo – RGRV
A Rente do Chan – PLADEVER
Salvemos Catasós
Salvemos a Comarca de Ordes
Salvemos O Iribio
Salvemos O Támega
Senda Nova
Sindicato Labrego Galego – SLG
Sociedade Galega de Ornitoloxía – SGO
Terra Chá Sostible
Verdegaia
Véspera de Nada