Podemos Nigrán solicita a creación de bonos para estimular a compra local de Nadal

O Círculo de Podemos Nigrán presentou esta mañá unha moción para que o Concello destine parte do diñeiro do alumeado de Nadal a bonos de consumo local para persoas que o precisan. Entre outras peticións, solicítase realizar unha campaña comunicativa tanto para adhesión dos diferentes establecementos como para a solicitude dos bonos e a concienciación da compra de proximidade.