Manifesto Miñor organiza un encontro coa mocidade en Gondomar

Manifesto Miñor organiza este martes 21 de maio ás 21:00 horas un encontro aberto coa mocidade de Gondomar. Trátase dunha xuntanza para falar das preocupacións da xente moza do concello: animalismo, diversidade, emprego, transporte, lecer, lingua, cultura… e moito máis no Rañolas. “Queremos implicar á nosa xente moza, para darlle voz e facer que se sintan parte do futuro de Gondomar”, sinalan desde Manifesto Miñor.