“El Suspiro”, cuarto single do Dj e produtor baionés Vince Stone

Chega o cuarto single do Dj e produtor baionés Vince Stone. Preséntanos un tema urbano latino con toques melódicos orientais e rítmica de Reggaeton. Esta vez coa colaboración dos Djs Gabry Domínguez e Diego Mei, ademais de repetir coa de Awa Fahmi, e unha fichaxe nova, DFace nos versos máis trap. Baixo o mítico selo Music Hit Factory chéganos “El Suspiro”, unha nova forma de facer Reggaeton. O vídeo clip rodouse en Praia América e no Pub River da Ramallosa baixo as cámaras de Samaín Producións.