O Concello de Baiona presenta mañá a programación do Baiverán 2020

FOTO: PEPE COSTAS // Concerto de Baiona Bay.

Mañá martes 23 de xuño, o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e a concelleira de Cultura, Miriam Costas, presentarán a programación cultural Baiverán 2020, que se desenvolverá no municipio durante os meses de xullo e agosto.

Por mor dos efectos causados pola crise sanitaria, a programación do Baiverán deste ano estará adaptada á nova normalidade para garantir a seguridade dos visitantes e dos propios veciños de Baiona. O Concello de Baiona, Municipio de Excelencia Turística, deseña un programa de actividades para todos os públicos cumprindo estritamente coas recomendacións marcadas polas autoridades sanitarias.

Os monólogos, o cine na rúa ou os concertos, supervisados sempre por persoal técnico cualificado para acreditar que son eventos seguros e axustados aos protocolos sanitarios marcados para a realización de espectáculos ao aire libre, serán os protagonistas deste Baiverán que tamén ten o propósito de reactivar a economía local nestes tempos complexos para a hostalería e o comercio.