Podemos Nigrán agradece que se destine o máximo posible do superávit como solicitou

O pasado 17 de maio, o Círculo Podemos Nigrán propuxo que como recollía o artigo 3 do Real decreto lei 08/2020 se destinase o máximo posible do superávit do exercicio anterior e de aplicación ao ano 2020, e se estudase a viabilidade de crear unha liña de axudas para persoas autónomas e PEMES da vila que se visen afectadas polo peche dos seus negocios ou pola mingua da súa actividade comercial.

Non obstante, nas alegacións solicitaban unha dotación final de 300.000 euros para o servizo municipal de urxencia social COVID-19 descoñecendo o superávit real respecto ao 2019. Unha vez coñecida a cantidade destinada polo grupo de goberno de 120.000 euros, entenden que cumpre co máximo permitido que regula o artigo antes citado.

Seguen insistindo noutras liñas de actuación, como deixaban constancia nas alegacións. Ven necesario o incremento en certas partidas de carácter social e para poder manter a estabilidade orzamentaria marcada pola Lei de facendas locais, reducise a dotación noutras partidas de dubidosa execución, tal como reflectía o informe de intervención anexo ao expediente de aprobación do orzamento xeral.