O PP pide que se vale o regato que pasa por Peroleiras en Peitieiros polo risco de caída

A voceira do Partido Popular de Gondomar, Paula Bouzós, vén de pedir por rexistro que se dote dun peche perimetral ao regato que pasa por Peroleiras, preto da presa de Chans en Peitieiros, xa que se atopa nunha curva sen visibilidade polo que é moi doado que calquera vehículo ou persoa que pase pola zona poida caer.

En febreiro de 2018 un coche xa caeu ao regato, debido precisamente á falta de valo e de sinalización, xa que atópase xusto ao bordo da estrada e despois dunha curva sen visibilidade, o que facilita que os vehículos non se decaten do perigo ao que se expoñen se collen a curva moi achegados ao mesmo.

Anuncios