O IEM organiza unha xeira polas terras do Ribeiro

O Instituto de Estudos Miñoráns organiza o próximo 28 de marzo unha Xeira Alén Miñor polas terras do Ribeiro, que estará guiada pola historia da arte Noemí Álvarez. A saída do autocar será ás 8:00 da mañá desde a explanada do Pavillón de Deportes de Gondomar, con regreso ao mesmo lugar previsto ás 21:30 horas. Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM aos teléfonos 986 360 575/627 276 816, de luns a venres de 18:00 a 21:00, ou escribir un correo electrónico a oficina@iem.gal.

O prazo de inscrición estará aberto até un total de 56 prazas. Non se reserva praza até que estea aboada a xeira na conta do IEM ES95 2080 5035 0730 4001 4164. O prezo é de 45 euros para os socios e de 50 euros para os non socios. As baixas que se realicen con menos de 48 horas antes do comezo da xeira non se lles aboará o importe da mesma. O prezo inclúe a viaxe en autobús, xantar, seguro, as visitas e guías.

O itinerario inclúe visitas ás Igrexas de Santa María de Castrelo de Miño e Santa María de Astariz (Sc. XVIII), ao Castelo dos Sarmiento, o Centro de Interpretación Xudea de Galicia, o Museo do Viño de Galicia ou o paseo á beira do Avia desde San Clodio ata Leiro.