Semana especial con inchables e xornada de portas abertas na Piscina Mancomunada

O próximo sábado 19 de xaneiro, a Piscina Mancomunada do Val Miñor realizará unha xornada especial de portas abertas para dar a coñecer as instalacións a todos os veciños do Val Miñor. Para este día, téñense preparadas moitas sorpresas e actividades especiais entre as que se inclúen master class na piscina (perfeccionamento de natación, aquagym…) ou nas salas (bike, pilates ou actividades express).

Ademais, dende o 14 de xaneiro e ata o día 20, a piscina contará con inchables para que os máis pequenos da casa gocen dunha semana especial no centro deportivo.

Matrícula gratuíta

Dende o 7 de xaneiro e ata o día 20, a Piscina Mancomunada conta cunha oferta especial para as novas inscricións no centro. Durante este período, aqueles que se apunten aforraranse a matrícula, poderán gozar de asesoría deportiva gratuíta e de vantaxes especiais nos abonos familiares entre as que se inclúen un regalo dunha mochila para cada neno do abono. A Piscina Mancomunada abriu unha web especial para esta campaña (www.serviocio.es/ahora/valminor) para informar desta oferta e na que se sortea un ano de ximnasio gratis así como un pack deportivo que consta dun reloxo GPS, unhas zapatillas deportivas e unha bolsa de adestramento.

Anuncios