Podemos Nigrán e Baiona presentan unha moción para a regulación da contratación menor

No día de hoxe, Podemos Nigrán e Baiona veñen de presentar unha moción para a regulación da contratación menor. Xa que os Concellos son as administracións máis próximas tanto á cidadanía como ao tecido económico-empresarial da súa zona, son coñecedoras e deben fomentar especialmente a actividade de PEMES e traballadores/as autónomos/as da contorna en todos os sectores.

Polo que ambos os dous Círculos de Podemos solicitan aos seus respectivos Concellos a creación dunha listaxe de empresas para a contratación menor, clasificadas segundo o tipo de actividade cun acceso visible e claro ao modelo de solicitude de inscrición vía web en prol da mellora de transparencia da contratación de obras públicas.

2020-01-17 - IMG-20200117-WA0000-001

Anuncios