Ferreira: “A loita polo cambio climático non será efectiva sen a implicación real dos concellos”

O goberno municipal de Gondomar, presidido por Paco Ferreira, arrancou o ano 2019 convencido na necesidade de traballar de forma firme e decidida na loita contra o cambio climático, apostando por iniciativas e políticas que desde o ámbito local que somen ferramentas e solucións a “un problema que é de todos e ao que desde as administracións locais non podemos ser alleos”, asegura o rexedor.

Na composición do novo goberno, por primeira vez, á Concellería de Medio Ambiente sumóuselle a de Transición Ecolóxica, que recae sobre o concelleiro Brais Misa, persoa na que pensou o alcalde cando compuxo as listas electorais pola súa ampla experiencia laboral, formativa e académica (enxeñeiro forestal e licenciado en ciencias ambientais) para asumir o reto de facer de Gondomar un concello pioneiro e que ten como obxectivo a sustentabilidade, o medio ambiente e a transición ecolóxica no sentido máis amplo e comprometido.

Aínda que, o ano 2019 Gondomar, vén de ser pioneiro na loita contra o cambio climático e en políticas ambientais, poñendo en valor o novo servizo de recollida de RSU, a reposición de contedores de recollida selectiva, a entrega de 200 composteiros individuais e dous comunitarios, campañas de divulgación e concienciación social, unha liña 900 gratuíta para incidencias, control do consumo racional da auga coa publicación dun libro ligado a campañas de concienciación nos colexios e colectivos, ampliación e restructuración do novo Punto Limpo do municipio, adaptándoo ás normativas vixentes ditadas desde Europa e buscando dar mellor servizo aos veciños, que contempla, entre outras accións, a ampliación da superficie para a recollida de RAEES (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos), e a mellora nas instalacións actuais; ou a aprobación tamén do seu regulamento de funcionamento interno, así como da ordenanza de medio ambiente e convivencia, ou o estudo municipal de eficiencia enerxética de edificios municipais e bo uso do consumo en fogares, a peonalización de espazos libres de tráfico rodado en zonas urbanos, ou a regulación do mesmo, en determinadas zonas para facelas máis transversais e pensadas nos veciños. A Declaración de Estado de Emerxencia Climática aprobada no mes de maio, foi outra gran iniciativa que levou a cabo nun acto público onde participaron colexios de Gondomar e Porriño en torno ao movemento e campaña “Teachers for future Spain”, da que é fundadora a profesora e activista Miriam Leirós, veciña de Gondomar.

Pero o compromiso do goberno municipal quere ir máis lonxe este ano, e para iso, no mes de decembro súmase e adhírese á Rede Española de Cidades polo Clima, convertendo a Gondomar no primeiro municipio do Val Miñor en facelo.

Con esta adhesión, adquire no ámbito institucional, o compromiso de introducir medidas económicas e fiscais que favorezan a implantación de enerxías renovables, adoptar medidas con criterios de eficiencia enerxética nas novas contratacións municipais, así como nos concursos de adxudicación de servizos no municipio e sentar as bases para reducir lle emisión de gases efecto invernadoiro, á vez que inicia un proceso de implicación de todos os axentes económicos e cidadáns do municipio “na consecución dos obxectivos que favorezan unha sociedade cada vez máis sustentable”.

Algo polo que se está apostando desde o goberno central e desde a Deputación de Pontevedra, non podendo dicir o mesmo do goberno da Xunta de Galicia, “que denota unha falta de implicación e de recursos necesarios para que os concellos, asociacións e outras entidades poidan afrontar este gran reto, que a todos ocúpanos e preocupa: salvar o planeta”, concluíu o alcalde.

Anuncios