O Club BaiArco estréase no Gran Trofeo Ibérico cun 5º posto

Durante os días 12 e 13 de outubro celebrouse da man da Federación de Arqueiros e Besteiros Portugueses o Gran Trofeo Ibérico 2019 Modalidade 3D, proba que se disputa entre España e Portugal desde o ano 2014 onde o total de puntuacións obtense mediante a suma de dous GTI’s, un en España e outro en Portugal cada ano e turnando o ano decide quen queda o trofeo ata o ano seguinte.

Tal e como sucedeu no 2018, Portugal conseguiu mediante a suma dos GTI dos anos 2018-2019 gañar de novo o trofeo por unha estreita marxe de puntos. Nesta ocasión, o baionés Club Deportivo BaiArco presentouse por primeira vez, logrando o seu representante, José Manuel Marcote, un quinto posto na categoría adulto arco masculino recurvo instintivo “TR”.

A proba desenvólvese en tres circuítos, dos que dous deles realízanse no primeiro día e o terceiro no segundo. Cada circuíto está composto de 28 dianas e cada un deles ten o seu regulamento de competición, sendo o máis destacable que cada frecha sóltase desde unha posición diferente o cal aumenta a súa dificultade.

O circuíto estivo estupendamente preparado pola organización Grupo Desportivo Odeceixense.

Anuncios