Gondomar programa diferentes actividades de fomento da lectura e das bibliotecas

Sobre o escenario do Auditorio Municipal Lois Tobío, este sábado 28 a partir das 18:00 horas, grandes e pequenos poderán gozar de xogos de ilusionismo onde, sempre dende o humor, búscase destacar que a lectura, os libros e todo o que neles recóllese, son necesarios e divertidos para o desenvolvemento persoal.

Por iso Pedro Bugarín presenta un espectáculo que reúne maxia tradicional con xogos 3.0, ilusionando co “máis místico da literatura clásica e o máis moderno das tecnoloxías”. Esta actuación enmárcase dentro do programa “Ler conta moito”, promovido pola Xunta de Galicia, para dinamizar a lectura nas bibliotecas.

Desta forma búscase convertelas nun espazo no que a través de actividades de distinta índole achéguese a lectura á cidadanía, prestando especial atención aos máis pequenos. Ao mesmo tempo promóvese acabar coa visión xa caduca das bibliotecas como centros de estudo ou de préstamos de libros, converténdoas en espazos abertos con capacidade para atender os intereses de diversos colectivos.

Unha idea na que coincide o goberno municipal de Gondomar que, a través da súa Concellería de Educación, desenvolverá nese sentido un total de sete actividades durante o mes de outubro dentro do programa “Ler conta moito”. Ciencia divertida, contacontos, achegamento ao mundo de reciclaxe ou música, son algúns dos formatos que se elixiron para que gocen as máis pequenas e pequenos da biblioteca e todas as historias que nela pódense achar.

Anuncios