5.000 quilómetros a pé pola fibromialxia

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Violette Duval, no albergue de peregrinos Baionamar.

Diagnosticada con fibromialxia en 2010, Violette Duval expúxose o desafío de camiñar por Europa a pé en beneficio desta enfermidade. Esta moza francesa de 35 anos comezou o roteiro o pasado 13 de abril en Mont Saint Michel, en Normandía, co obxectivo de percorrer 5.000 quilómetros a pé pola costa de Francia, España e Portugal. Cada día fai entre 20 e 25 quilómetros, sempre co seu carriño, no que leva tenda de campaña e todo o que poida necesitar, parando en albergues e cámpings. A semana pasada fixo un alto no camiño en Baiona, para logo dirixirse cara A Guarda e entrar despois no país luso, tras visitar Santiago de Compostela ou Vigo.

Apaixonada fotógrafa e ex deportista de alto nivel, Violette foi diagnosticada con fibromialxia en 2010, tras o anuncio deste diagnóstico, Violette non desfaleceu, ao darse conta de que a vida era curta, decidiu deixar todo para realizar o seu soño de viaxar polo mundo. Logo cruzou Asia, Oceanía, as Illas do Pacífico, durante máis de 3 anos. Regresou a Francia por un ano, pero a espiral de viaxar levoulle nove meses a Sudamérica. No transcurso destas viaxes, deuse conta de que a marcha a axudou moito, e regresou de América do Sur coa idea de camiñar por Europa para crear conciencia sobre a fibromialxia e isto grazas a un carriño, para adaptar a súa discapacidade.

O diñeiro recadado axudará a levar a cabo esta acción, que ten como obxectivo dar a coñecer e recoñecer a fibromialxia. Parte das doazóns serán destinadas á investigación sobre as causas e a orixe desta enfermidade. Recoñecida pola OMS en 1992, a fibromialxia afecta a 2.000.000 de persoas en Francia, e ao 3% da poboación mundial. “Non hai investigación e a medicación que podemos tomar non é boa”, lamenta Violette, que espera concluír o seu camiño o próximo mes de xaneiro en Marsella.

A fibromialxia

A palabra fibromialxia significa dor nos músculos e no tecido fibroso (ligamentos e tendóns). A fibromialxia caracterízase por dor musculoesquelético xeneralizado e sensación dolorosa á presión nuns puntos específicos (puntos dolorosos). Esta dor parécese ao orixinado nas articulacións, pero non é unha enfermidade articular.

En termos xerais podemos dicir que a fibromialxia consiste nunha anomalía na percepción da dor, de maneira que se perciben como dolorosos, estímulos que habitualmente non o son. Ademais de dor, a fibromialxia pode ocasionar rixidez xeneralizada, sobre todo ao levantarse polas mañás, e sensación de inflamación mal delimitada en mans e pés. Tamén poden notarse formigueos pouco definidos que afectan de forma difusa sobre todo ás mans.

A persoa que busca a axuda do médico adoita dicir “dóeme todo”, pero outras veces é referido como queimazón, molestia ou desazón. Con frecuencia a dor varía en relación coa hora do día, o nivel de actividade, os cambios climáticos, a falta de soño ou a tensión.

Ademais da dor, a fibromialxia ocasiona moitos outros síntomas: o 90% dos pacientes teñen cansazo, o 70-80% trastornos do soño e ata unha 25% ansiedade ou depresión. Tamén son moi frecuentes síntomas como mala tolerancia ao esforzo, sensación de rixidez xeneralizada (sobre todo ao levantarse polas mañás), sensación de inflamación mal delimitada en mans e pés, formigueos que afectan de forma difusa sobre ás mans, xaquecas, dores na menstruación, colon irritable, secura na boca e os ollos.

Sitio web de Violette Duval: www.violetteduval.com