O grupo de Facebook “Val Miñor Diario” celebra o seu primeiro aniversario con sorteos semanais

O grupo de Facebook “Val Miñor Diario”, no seu primeiro aniversario sortea semanalmente servizos e produtos do pequeno comercio de todo o Val Miñor, para promocionar e apoiar a todo aquel negocio que o desexe. O grupo Val Miñor Diario naceu hai un ano, co propósito de difundir todas as noticias publicadas en prensa achega do Val Miñor e arredores, respectando a noticia, e o medio na que se publica.

Cun rápido crecemento, nun ano máis de 4000 membros, cunha clara liña de ruta, á hora de publicar as noticias, o apoio a outros grupos en ofertas de emprego, a difusión de fotografías antigas e a colaboración cos tres Concellos miñoranos (alcaldes e concellerías), a oposición e outros grupos da comarca; decidiuse por parte dos administradores ao celebrar o seu primeiro aniversario, sortear un décimo de Lotería de Nadal como agradecemento aos seus membros.

Ante este acontecemento, algúns negocios da comarca decidiron ofrecer os seus servizos e os seus produtos para que os sorteasen gratuitamente no grupo, e así, que os seus membros póidanse beneficiar dos premios e á súa vez eses pequenos negocios poidan publicitarse e ter unha maior visibilidade, nestes momentos tan difíciles para todos.

Val Miñor Diario, cos seus administradores á fronte, queren poñer o grupo ao servizo de quen o necesite, tratando de ser o máis transparente e imparcial posible, e ten cabida calquera empresa, calquera produto ou servizo. Unha ponte entre os cidadáns e os pequenos autónomos. “Todos a un tempo sairemos desta, sen dúbida, coa xenerosidade e a unión de todos”, afirman.