Última semana para inscribirse no “Flota como Poidas”

O Concello de Nigrán pecha o 16 de agosto o prazo de inscrición para participar na xa tradicional concentración de “artefactos flotantes” chamada “Flota como Poidas”, que terá lugar o domingo 18 de agosto ás 17:30 horas na ponte de Ramallosa, no Río Miñor. Os interesados teñen de 9:00 a 13:30 para anotarse na oficina de turismo do Concello de Nigrán ou ben no mail turismo@nigran.org (neste mail teñen que solicitar previamente a ficha de inscrición).

A recollida de dorsais será no punto de saída o mesmo día de 16:00 a 17:00 horas. Entre todos os participantes sortearase un kayak e os premiados levarán cadansúa cesta de froitas e o seu diploma. É obrigatorio o uso de chaleco salvavidas, correndo a cargo de cada participante. O Concello premiará o artefacto flotante máis traballado e máis cutre, a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, o tripulante máis vello e máis novo e ao “Titanic” da edición.

Anuncios