O punto morado contra a violencia sexual da Anunciada informou a 2.000 persoas

A campaña “Por unhas festas sen agresións sexistas” que o Concello de Baiona puxo en marcha, a través da área de Igualdade municipal, co gallo das festas da Anunciada, chegou a mais de 2.000 persoas. A campaña incluíu un punto informativo localizado na rúa Elduayen durante a celebración das festas patronais con dúas informadoras e catro educadoras de rúa que percorreron a zona de lecer nocturno á que acode a mocidade. Esta acción tivo lugar o 2 e 3 de agosto dende as 20:00 ata as 1:00 horas e o domingo día 4 dende as 20:00 ata as 23:00 horas.

O obxectivo desta campaña foi sensibilizar á cidadanía en xeral, facendo fincapé na mocidade e no rexeito cara as manifestacións de violencia contra as mulleres, impulsando unha posición activa fronte ás condutas sexistas. Chegouse de forma sinxela e accesible ás persoas máis mozas e involucralas na necesidade de tomar conciencia na loita contra as agresións sexistas.

Deuse información a un total de 2.148 persoas das cales 1.198 foron mulleres, a que representou o 55,77%, e 950 homes (44,23%). Do total de persoas informadas, o 82,96% foron menores de 30 anos, colectivo prioritario destinatario da campaña, das cales 954 foron mulleres e 828 homes.

A información xirou en torno a que é unha agresión sexista, tipoloxía, pautas de actuación ante unha agresión sexista, programa específico para mulleres que sufriron agresións sexuais, teléfonos de interese, etc. Esta información foi complementada con folletos específicos para mulleres e para homes nos que se estableceron pautas diferenciades de acción; e merchandising específico para a campaña co obxectivo de dar visibilidade mesma co lema “Por unhas festas sen agresións sexistas” “Se non é si, é non”.

O Alcalde, Carlos Gómez Prado, e a concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira, salientan a boa aceptación que tivo a campaña entre os visitantes durante a festa e sobre todo a implicación da mocidade. Sinala a concelleira que a experiencia foi moi positiva e que para as próximas edicións preténdese editalos folletos en varios idiomas debido a afluencia de público doutros países e de fóra de Galicia.

Esta medida enmárcase no IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2019-2023, concretamente na área de “Violencias de Xénero: Loita contra as violencias de xénero”.

2019-08-09 - Punto morado 2

Anuncios