Espectáculo “Música nas velas” en Baiona

Os xardíns da Casa da Navegación de Baiona acollerán este domingo 16 de xuño ás 19:30 horas o espectáculo “Música nas velas”, coa actuación do Orfeón do Berbés, Xurxo Souto e máis artistas, organizado pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Baiona.

Este concerto complementa á exposición fotográfica pode visitarse ata o vindeiro 7 de xullo no marco incomparable do paseo Ribeira de Baiona, “Vento nas velas”, do fotógrafo Xurxo Lobato. A mostra, organizada pola Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Baiona, está composta por cinco grandes cubos expositivos de carácter didáctico, pensada para achegar ao público a cultura marítima da nosa provincia.

O obxectivo é poñer en valor esta área do patrimonio galego, empregando como medios, textos e fotografías, as publicadas no 2017 no libro da mesma autoría “Vento nas velas”.