Gondomar celebra o Día das Letras Galegas

A Concellería de Cultura do Concello de Gondomar celebra este venres 17 de maio o Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea ao ilustre Antón Fraguas. Coindindo coa XXX Festa da Bicicleta do Val Miñor, que sairá ás 11:00 da mañá, darase inicio aos actos contando coa intervención musical de Manouche e a arte de Irene Silva, ademais de obradoiros infantís e a lectura da obra do autor.

Este ano ten de particular que as actividades vanse repartir en dúas datas, mantendo así a colaboración que se vén dando nestes últmos anos entre a Concellería de Cultura do Concello de Gondomar e o Instituto de Estudos Miñoranos. O xoves 23 de maio haberá unha charla e unha representación teatral no Auditorio do IEM.

Poster Letras Galegas 2019

Anuncios