Unha unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves e venres en Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // A unidade móbil de doazón de sangue en Baiona.

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará nos próximos días o municipio de Baiona. Estará situada na rúa Jesús Valverde, na entrada ao Parador, o xoves 28 e o venres 29 de setembro de 16:00 a 21:00 horas. Todo aquel que desexe doar sangue poderá facelo nos horarios indicados. Se é a primeira vez que se doa hai que levar consigo o DNI.