Valmiemprega amosa Baiona aos escolares do CEIP Serra-Vincios

A especialidade de promoción turística de Valmiemprega realizou unha vista guiada por Baiona con 40 escolares de 3º e 4º de Primaria do CEIP Serra-Vincios. O itinerario amosou a Baiona máis mariñeira unida á súa historia, por iso os escolares visitaron o museo flotante da Carabela Pinta e coñeceron as curiosidades que rodean ao barco e o feito histórico da Arribada.

Fíxose un percorrido pola fachada marítima comezando no Paseo Pinzón, xunto a estatua homenaxe a este célebre personaxe. Tamén realizouse unha parada na Praia da Concheira e contóuselle a historia do seu antigo balneario e as propiedades das súas augas. Seguindo coa historia da Arribada, achegáronse ao senlleiro Monumento Encontro entre dous Mundos. Os seguintes lugares visitados foron o Paseo da Ribeira, onde coñeceron o famoso azulexo situado nos arcos que pertencían a antiga lonxa de Baiona, que rememora a viaxe feita por Colón e Pinzón.

Para rematar realizouse unha visita ao porto de Baiona e a súa lonxa, dando así o colofón final no Museo da Navegación, onde se lles fixo un percorrido polas instalacións e escoitaron un fermoso conto sobre un pirata baionés chamado o Pirata Oliveira da man de Rosa, a súa directora.

A visita resultou sumamente interesante e enriquecedora para os nenos de Vincios, xa que axudoulles a coñecer un pouco máis sobre a rica historia de Baiona e de Val Miñor.