Nigrán inicia a instalación de desfibriladores nos colexios públicos do municipio

O Concello de Nigrán iniciou esta semana a instalación de desfibriladores externos semiautomáticos (DESA) en todos os colexios públicos da localidade, converténdose así nun dos municipios de Galicia e de España máis cardioprotexidos. Estes aparatos para a Escola Infantil A Galiña Azul, CEIP Carlos Casares (Vilariño), Cruz (Camos), Mallón, Humberto Juanes (Nigrán), EI As Dunas se suman aos catro adquiridos recentemente para a Policía Local e a Casa Consistorial, outros tres para os espazos deportivos municipais (Pavillón, Condomínguez e campo de Vilariño) e ao aluguer de tres para os postos de socorrismo das praias no verán. En total, un investimento de preto de 25.000 € que poden significar a diferenza entre salvar unha vida ou a posibilidade de reducir a gravidade das lesións. «Aínda que a medida non é obrigatoria, a consideramos crucial porque en caso de infarto o rápido acceso ao desfibrilador pode ser a diferenza entre vivir ou non. Queremos que Nigrán sexa un territorio cardioprotexido preparado para salvar vidas ante paradas cardiorrespiratorias», subliña o alcalde, Juan González.

Á compra de todos os DESA completouse coa realización previa do persoal de cada centro dun curso específico para o seu manexo. Cómpre sinalar que menos dun 5% dos colexios de toda España contan con DESA, sendo só obrigatorio na comunidade de Madrid, polo que Nigrán sitúase na vangarda poñendo en práctica todas as recomendacións sanitarias ao respecto. O obxectivo do goberno de Nigrán é que, en caso de parada cardíaca, o persoal dos centros poida actuar incluso antes de que cheguen as urxencias sanitarias e garantir a vida da persoa e, se é necesario, restablecer o ritmo cardíaco a través dunha descarga eléctrica.

Precisamente baixo esta mesma premisa, a Policía Local de Nigrán é dende o ano pasado unha das primeiras de Galicia en contar con estes aparatos e pioneira na comarca. «A Policía Local está na rúa as 24 horas e moitas veces é a primeira en chegar aos lugares onde se rexistra algún incidente”, indica González. O DESA é moi eficaz para a maior parte dos chamados paros cardíacos, que en gran porcentaxe son debidos a que o corazón fibrila e o seu ritmo non é o axeitando, logrando estes equipos restablecelo. A súa efectividade é máxima no momento inicial, polo que é especialmente recomendable dispor de desfibriladores en lugares moi concorridos, como é o caso das praias, ou onde se practica deporte. Unha actuación rápida, ademais de salvar vidas, reduce o risco de lesión cerebral ou problemas de hemiplexia, déficit de memoria, de fala ou de mobilidade de maneira temporal ou incluso irreversible. De feito, cada minuto que pasa tras unha parada cardíaca pérdese o 10% de posibilidades de sobrevivir se ninguén axuda.