O Mercado de Arte de Sabarís ábrese aos novos valores da pintura, escultura e fotografía

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Mercado de Arte de Sabarís.

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sabarís celebra o próximo 14 de abril, coincidindo co Domingo de Ramos, unha nova edición do Mercado de Arte, que se desenvolverá desde as 10:00 ata as 21:00 horas na Praza de Abastos. Este ano tamén haberá algunha actuación musical en directo para dinamizar o evento, obradoiros e outras sorpresas.

A organización quere dar a oportunidade a novos valores da pintura, escultura e fotografía para que poidan mostrar a súa obra no evento. Os interesados en participar poden facer a súa solicitude enviando un correo a coemsa2010@hotmail.com especificando se é pintura, escultura ou fotografía. O prazo de inscrición estará aberto ata o 1 de abril, cubrindo as prazas en rigorosa orde de inscrición.