Anuncios
Ticker de novas

Comunicado do Gondomar CF sobre a creación da modalidade E-Sports

Polo presente e ante a solicitude de información dalgún socio, expoño neste comunicado a creación da modalidade deportiva de E-Sports dentro do Club. Unha actividade deportiva que recollen numerosos equipos de todas as categorías do fútbol español e internacional, desde o Rápido de Bouzas, ata o Valencia CF.

O Gondomar CF E-Sports é, como digo, unha modalidade deportiva que atende a xogos electrónicos, que con internet e en rede, pódense desenvolver de forma individual ou colectiva. Dentro de dita disciplina hai numerosos deportes tales como o fútbol (FIFA).

O Club na súa idea de crecer como entidade busca crear a contorna adecuada para captar xente nova que permita o sustento da entidade hoxe, e que o dote dun futuro mañá, a través de numerosas actividades que dean vida e presenza á nosa entidade no mundo do deporte. Con ese obxectivo creouse o Club, e a iso atendemos, respectando os estatutos e a idea fundacional de quen nos precedeu, competindo no ámbito oficial estipulado.

Cabe destacar que esta modalidade conta con fontes de financiamento propio, do mesmo xeito que con directivos especializados e particulares. Isto permite que a actividade non supoña unha carga económica para o resto do Club, senón un beneficio, e que non disperse a tarefa de toda a directiva, desatendendo calquera outra función por atender unha nova.

En vistas á necesidade de crear unha imaxe propia para a sección tal e como dispoñen todos os Clubs, quixemos baixo a autorización do presente, vincular a nosa modalidade deportiva á historia de Gondomar a través da figura do Conde de Gondomar. Optouse por un retoque moderno e xuvenil propio para a sección, utilizando a imaxe de D. Diego Sarmiento, un dos condes máis representativos da nosa Vila.

A efectos que poidan resultar oportunos, deixo unha copia dos estatutos onde vén reflectida nas Normas Xerais, a facultade da Xunta Directiva para a actividade que expoño, e tomo compromiso para que en Asemblea Ordinaria póidase realizar unha maior explicación desta sección e do proxecto de Club, recoñecendo erro e a fin de que os socios sexan os primeiros coñecedores de calquera actividade, mellorando a comunicación no futuro.

El C.F. Gondomar, practicará asimismo las modalidades deportivas de atletismo y balonmano, a cuyo fin, en su momento, funcionarán las secciones correspondientes que serán adscritas a las respectivas Federaciones Españolas.

La Junta Directiva podrá acordar la creación de nuevas secciones para la práctica de otras modalidades deportivas, debiendo adscribirse a las correspondientes Federaciones Españolas.

Moisés Iglesias Diego
Presidente Gondomar CF

Anuncios
error: Contido protexido