Nigrán incorpora a 24 traballadores temporais a través do Plan Concellos 2019

O Concello de Nigrán incorporou esta semana a través da liña 2 e 3 do “Plan Concellos 2019” da Deputación de Pontevedra 24 postos de traballo temporal (15 peóns forestais, 6 oficiais de obra e 3 conserxes) entre veciños en paro do municipio, o que supón un importe total de 284.230 € dos que o organismo provincial aporta 221.854 € e o Concello 62.376 € (o salario mensual supón entre 800 e 1.400 €, dependendo da xornada e do perfil profesional).

«A novidade deste ano é que tanto os peóns forestais como os conserxes cobrarán máis do que marca o propio convenio porque se aplicará o Salario Mínimo Interprofesional vixente, que é superior (no caso dos albaneis rexeranse polo convenio porque si resulta máis beneficioso para eles). Solicitamos o número máximo que nos correspondía porque, ademais de mellorar a súa empregabilidade, o seu labor reverterá nunha mellora da calidade dos servizos municipais», resume o alcalde, Juan González.

O proceso selectivo levouse a cabo a través da oficina de Baiona dentro da máis absoluta transparencia. Acorde ás bases establecidas, deuse prioridade ás vítimas da violencia de xénero, maiores de 45 anos, persoas con familia monoparental con fillos ao seu cargo, persoas cos niveis de renda máis baixas ou ás que teñen cargas familiares. O salario oscila dos 800 € aos 1.409 € dependendo da xornada e táboa salarial, contemplándose 7,5 meses para os desbrozadores e 9 meses para albaneis e conserxes estes último un 75% da xornada).

Entre as labores que desenvolverán a xornada completa os 15 peóns forestais atópase a conservación dos bens municipais, o mantemento das estradas, camiños e roteiros en perfecto estado, poda de árbores ou arbustos, a protección do medio ambiente ou a preservación das instalación escolares ou zonas verdes. A duración do contrato é de 7,5 meses.

Os 6 oficiais de obras integráronse a xornada completa no equipo do Concello 8 meses co obxectivo de traballar na execución de elementos construtivos, o que inclúe eliminar entullo, carga e descarga de materiais, montaxe e desmontaxe de estruturas temporais, preparación de morteiros, cavar buracos, gabias, acequias… Todo elo con especial atención ao mantemento das diferentes instalacións públicas.

Finalmente, contrátanse 3 conserxes durante 9 meses en xornada de 30 horas/semana para o CEIP Carlos Casares, Mallón e da Cruz, en Camos. O seu traballo céntrase no reparto e recollida de correspondencia, fotocopias, escaneado, atención telefónica e presencial, colaborar cos docentes na entrada e saída dos menores, nos recreos ou nas actividades do centro. “Son postos que non están cubertos dende a Consellería de Educación e que consideramos prioritarios para un perfecto funcionamento diario nos colexios, xa que contribúen a dar un mellor servizo aos nenos e, por ende, a toda comunidade educativa”, indica González.

A elección destes tres perfís fundaméntase na necesidade do Concello de manter axeitadamente os servizos municipais nun tipo de áreas no que o persoal habitual do Concello resulta insuficiente. O obxectivo pararelo é que os beneficiarios melloren a súa capacitación e, con elo, as posibilidades de incorporarse ao mercado de traballo ordinario tras rematar no Concello.