Anuncios
Ticker de novas

Delafé protagonizará o Concerto Mahou Cinco Estrellas de Vive Nigrán

A terceira edición de Vive Nigrán, que se celebrará no antigo campo de fútbol de Lourido (Praia América) os próximos 19 e 20 de xullo, contará co Concerto Mahou Cinco Estrellas de Delafé. O dúo de Barcelona achegaralle ao público asistente a súa música sobre o Escenario Mahou nunha “Sesión Mediodía Cañero”. Deste xeito, Delafé ofrecerá nesta edición do festival un concerto con algunhas das súas cancións máis emblemáticas e outras do seu novo disco, do que xa se puideron escoitar adiantos: “La gran ola”, unha oda á cotidianeidade; e “Menos cabeza más corazón”, unha canción adicada ao atleta Valentí Sanjuan. Con estes temas amosan o seu novo son máis electrónico, pero co que non perden a súa esencia.

A banda barcelonesa súmase ás revolucionarias Las Chillers, ao caos creativo e punk de Los Nastys, á música latina e o rock de raíces de Los Vinagres, aos galegos Novedades Carminha e ao pop electrónico do dúo barcelonés Hidrogenesse, xa anunciados previamente pola organización, que desvelará máis bandas nas próximas semanas. As persoas interesadas en adquirir os seus abonos para os dous días de Vive Nigrán xa poden facelo a través da propia web do festival, www.vivenigran.com, a un prezo de 22 euros.

O Concerto Mahou Cinco Estrellas de Delafé enmárcase na aposta de Mahou pola música, compartindo a paixón, a alma e a proximidade entre os artistas e o público e fomentando a vivencia de experiencias innovadoras coas persoas.

Actividades para todos os públicos

O festival, ademais, continuará artellándose sobre a música e fusionándose cunha serie de experiencias que permitirán ao visitante vivir Nigrán no sentido máis amplo do termo: terán á súa disposición dende xogos ao aire libre ata unha gran oferta culinaria a cargo de foodtrucks, sesións DJ, obradoiros, charlas… Un sen fin de actividades que debuxan un “picnic pop festival” de cultura creativa, unha filosofía e un estilo de vida para que todos os públicos poidan gozar intensamente Nigrán dende a mañá ata a noite. E todo iso nun espazo máxico e co que mantén un compromiso de emprazamento: fronte ao Atlántico, co perfil das illas Cíes ao fondo, nun extremo de Praia América-Lourido (un areal dos máis aplaudidos de todo o litoral galego pola súa extensión, area fina e de augas case transparentes) e ao pé da península de Monte Lourido.

Anuncios