Suspendidas as viaxes á Arribada desde os portos de Cangas, Vigo e Moaña

Debido ás condicións meteorolóxicas adversas previstas para esta fin de semana, tanto Mar de Ons como Piratas de Nabia informaron onte da cancelación do servizo especial con motivo da Festa da Arribada desde os portos de Cangas, Vigo e Moaña. Ambas as dúas compañías manteñen as viaxes previstas desde o porto de Panxón, Mar de Ons só na xornada do sábado.