Sin categoría

La “Arribada del Descubrimiento” será interpretada por primera vez en lengua de signos

O Concello de Baiona, no seu compromiso coa accesibilidade, ofrecerá este ano por primeira vez na súa historia, a representación teatral “Arribada do Descubrimento” interpretada en lingua de signos española.

A escenificación terá lugar o sábado 2 de marzo ás 20:30 horas e o domingo 3 de marzo ás 18:00 horas na Praia Ribeira de Baiona, e nesta ocasión, as persoas xordas poderán desfrutar plenamente desta obra, xa que vai a ser interpretada en lingua de signos española.

As persoas xordas interesadas en asistir, contarán cun espazo reservado, polo que deben achegarse á jaima da organización, uns minutos antes do comezo da obra.

Deste xeito, o Concello de Baiona, amosa a súa sensibilidade e afirma o seu compromiso en materia de accesibilidade para o colectivo de persoas xordas, xa que a cultura e o teatro, son un dereito de todas a persoas.