Baiona moderniza o seu parque móbil con tres novos vehículos

O Concello de Baiona adquiriu tres novos vehículos que veñen rexuvenecer o parque móbil. Trátase dun furgón modelo Mercedes Vito de 9 prazas e dúas furgonetas modelo Mercedes Cytan. O alcalde, Ángel Rodal, con todo o seu equipo de goberno, tomaron a decisión de reforzar os servizos municipais coa incorporación destes tres novos vehículos, que substituirán aos máis antigos.

Esta decisión tómase no momento que se comproba que os vehículos que están a utilizar os traballadores nos seus desprazamentos están a ocasionar ao Concello uns gastos desmesurados en reparacións e mantemento, e por conseguinte a todos os baioneses e baionesas, como demostran as facturas de reparacións dos últimos anos, ou o ter que pasar as revisións de ITV co custo que supón, por non falar do consumo destes vehículos, que é moi superior aos motores máis modernos destes momentos.

Rodal entende que os traballadores merecen dispoñer das mellores ferramentas para o seu traballo e iso inclúe que os desprazamentos que teñan que realizar fáganos nuns vehículos que cumpran non só co seu obxectivo, que é o trasladar aos operarios dun punto a outro da Real Vila, senón que dean unha imaxe moderna e acorde aos tempos.