Anuncios
Ticker de novas

Estrada Xeral do Estado

Postal titulada “Carretera General del Estado” da Serie xeral de Hauser y Menet. Nela podemos ver parte das rúas Elduayen e Ramón y Cajal. Ao fondo A Palma e á dereita, un anaco da praia da Ribeira e a Praza do Pescado. En 1904 Hauser y Menet introduce na súa serie xeral 19 tarxetas postais de Baiona. Ese ano emitíronse dúas edicións co mesmo reverso, cambiando unicamente a colocación tipográfica do anverso. Esta tirada debeu ser máis ben alta. Como di Carrasco Marqués, destacan polo seu tipismo e cotización as referentes ás escenas populares de mercados sendo estas as máis difíciles de atopar por existir un gran coleccionismo do tema en España.

Anuncios