Manifesto Miñor apoia a lista de Luís Villares para En Marea e organiza un encontro en Gondomar

En Marea está inmersa nun proceso de elección dos seus órganos de dirección despois da asemblea celebrada o pasado mes de outubro en Compostela: o Consello das Mareas e a Comisión de Garantías. Esta circunstancia está levando polo País adiante, nunha campaña explicativa e de información, a persoas integrantes das dúas candidaturas que se presentan.

“No Val Miñor as persoas inscritas en En Marea que cremos nunha organización soberana, nacional galega, sen ataduras e solidaria que lle dea resposta aos problemas das persoas e de Galiza con solucións e fórmulas organizativas do S. XXI, e que por iso apoiamos á candidatura que encabeza Luís Villares “Coidando a Casa”, temos organizado un encontro para todas as persoas inscritas en En Marea e para a veciñanza da comarca en xeral, que queiran asistir”, sinala Antonio Araújo.

Terá lugar este venres, día 30, ás 20:00 horas no Centro Neural de Gondomar. Por parte da candidatura “Coidando a Casa” intervirán Paula Verao, deputada por Lugo e número 4 da lista, e Xabier P. Davila, veciño de Vigo, economista, e profesor xubilado de FP, número 11 da lista, presentados por Antonio Araújo Quintas, concelleiro de Manifesto Miñor en Gondomar.

Anuncios