Sin categoría

Nigrán proxecta “Con la muerte en los talones” en versión orixinal

O Concello de Nigrán e a Escola Oficial de Idiomas de Vigo-Sección Nigrán ofrecen este xoves 15 ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a proxección de “Con la muerte en los talones” (“Noth by Northwest”) en versión orixinal subtitulada ao español. A entrada é de balde ata completar aforo, a longametraxe está cualificada como non recomendada para menores de 13 anos.

Trátase dun thriller de culto dirixido por Alfred Hitchcock e protagonizado por Cary Grant. Debido a un malentendido, a Roger O. Thornhill, un executivo do mundo da publicidade, uns espías confúndeno cun axente do goberno chamado George Kaplan. Secuestrado por tres individuos e levado a unha mansión na que é interrogado, consegue fuxir antes de que o maten. Cando ao día seguinte regresa á casa acompañado da policía, non hai rastro das persoas que describira.