Anuncios
Ticker de novas

Medalla de bronce para Omar Rodríguez no Torneo Internacional Citta di Sassari

Moi bo traballo das seleccións nacionais da Federación Española de Loita no Torneo Internacional “Citta di Sassari”, en Cerdeña (Italia), con 8 deportistas galegos entre os 43 convocados das categorías Júnior, Sub-23 e Sénior, que tiveron moi boas actuacións.

En Júnior destaca a medalla de ouro de Carlos Yobanni García en 65 kg, do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, e o bronce do baionés Omar Rodríguez Martínez en 70 kg, do Club de Loita Sabarís. Na categoría Sénior, Lydia Pérez en 62 kg, do Club de Loita Pontevedra e Noelia Lalín Canda en 68 kg, do Club de Loita Keltoi Vila de Cruces, conseguiron senllas medallas de prata. Finalmente, Pablo García en 79 kg, do Club de Loita Pontevedra, fíxose con outra prata na categoría Absoluta.

A moza Nerea Pampín Blanco, do Club Keltoi Vila de Cruces, conseguiu o 5º posto en 65 kg, mentres que Rafa Álvarez do Club San Ignacio e Damián Iglesias Vilela do Club de Loita Touro, sufriron unha lesión, que lastrou a súa participación no prestixioso torneo organizado por Vincenzo Piroddu do Club Athlon de Sassari.

Anuncios