A pintora viguesa Diana Cordero expón no Mercado de Abastos de Baiona

Este sábado día 18 de xullo, Diana Cordero, pintora viguesa con numerosos vínculos á Real Vila, en colaboración co Concello e o Mercado de Abastos de Baiona, presentará “Guindastres”, unha serie de pinturas acrílicas sobre lenzo, usando máis a espátula que o pincel. A obra inspírase na actividade portuaria e naval, tendo de fondo sempre a cor do mar e os ceos da Ría de Vigo. Diana Cordero expuxo recentemente en Afundación Vigo, no Porto, en casa Museo Monçao e en “Sala Nauta” Sanxenxo. No Mercado de Abastos de Baiona estará presente a súa obra ata o 30 de agosto e poderase visitar todos os días, excepto os mércores pola tarde.

2020-07-18 - WhatsApp Image 2020-07-17 at 21.04.06B