Anuncios
Ticker de novas

O Concello de Nigrán programa dúas excursións para maiores a Fisterra no mes de maio

FOTO: CONCELLO DE FISTERRA // Faro de Fisterra.

O Concello de Nigrán continúa co seu programa de turismo social destinado á empadroados en Nigrán da terceira idade coa súa primeira excursión de dous días, que será a Fisterra con dúas datas a elixir: o 12 e 13 de maio ou o 19 e 20 de maio. O prazo de inscrición para ambas datas abre este mércores 25 de abril e pecha o luns 30. Os interesados deberán inscribirse na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán de 9:00 a 14:00 horas. Non se admitirán máis de dous inscricións por persoas e só se garantirá a excursión de completarse as 55 prazas de autobús. O prezo é de 52 € e inclúe hotel (habitación para dúas persoas, con cama de matrimonio ou 2 individuais), transporte en autobús, comida dos dous días, almorzo, cea, paseo en barco e entrada ao museo.

A saída prevista en ambos casos é as 9:00 horas dende o Concello de Nigrán, chegada ás 12:00 horas a Fisterra, pequeno paseo pola vila e comida e, xa pola tarde, visita ao Museo do Mar, ruta en barco polos mares de Fisterra con degustación incluída e cea. Ao día seguinte visita ao cabo Fisterra, xantar e regreso pola tarde a Nigrán. O Programa da excursión do día 19 e 20 de maio é o mesmo.

O Goberno local de Nigrán entende que viaxar non só serve para descubrir lugares novos, senón que apórtanos moitísimos beneficios especialmente útiles para as persoas maiores, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención.

Anuncios