Anuncios
Ticker de novas

Derrota do Vincios no seu desprazamento a Burgos

FOTO: AD VINCIOS // Martín Pintos.

Esta xornada o AD Vincios non puido superar ao Universidade de Burgos no seu desprazamento a terras castelás, caendo por 4-2. O Burgos reforzouse no mercado de inverno co xogador chinés Zhuoyang Li, que venceu aos xogadores Ievgen Pryshchepa e Moisés Álvarez co mesmo parcial de 3-0. O xogador Moisés no seu outro encontro venceu ao xogador burgalés Jorge Ausín por un axustado 3-2, mentres Pryshchepa superou por 3-0 ao xogador romanés Alexandre Cazacu. O terceiro xogador do Vincios, Martín Pintos, perdeu no seu primeiro encontro 3-0 con Cazacu, deixando para o derradeiro partido entre Ausín e Martín a posibilidade de empatar ou de que vencese o Universidade de Burgos, pois nese momento o partido reflectía un resultado de 3-2 a favor dos locais.

Disputouse un encontro moi rifado e igualado, con puntos espectaculares que acompañaban ao incerto do resultado. Con parciais en sets de 5-11, 13-11,12-10 e 11-8 o partido caeu ao lado de Ausín, e a vitoria do encontro do lado burgalés por 4-2. A pesar das dúas derrotas consecutivas ante o Burgos e no derbi galego ante o Vilagarcía, o Vincios segue na quinta praza da clasificación, situándose en postos de competición europea.

Anuncios