A partir do vindeiro domingo 14 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a III Mostra de Teatro Afeccionado do Val Miñor e Oia. Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar, ten como obxectivo fomentar e coordinar actividades dirixidas a potenciar tanto a creatividade teatral como a representación.
A programación constará dun total de cinco pezas teatrais interpretadas por Bertorella, A Xesta Vermella, Pritis- Guomis, A Moura e Os Cabalos Rosas Brincan no Patín. A entrada será gratuíta e para todos os públicos.
Programación
Domingo 14 de xaneiro ás 18.00h
• Os pintores clónicos, representada por Bertorella de Morgadáns.
Sábado 20 de xaneiro ás 20.30h
• Pola culpa de Gayoso, representada por A Xesta Vermella de Borreiros.
Domingo 21 de xaneiro ás 18.00h
• Pataclown, representada por Pritis-Guomis de Gondomar.
Sábado 27 de xaneiro ás 20.30h
• Tecendo mentiras, representada por A Moura de Chaín.
Domingo 28 de xaneiro ás 18.00h
• O espantallo, representada por Os Cabalos Rosas Brincan no Patín de Viladesuso.