Certame de Corais no Centro Cultural de Mañufe

Coral Polifónica San Esteban de Redondela.

A Asociación Cultural San Vicente de Mañufe continúa este sábado 16 de decembro a súa programación cultural de Nadal coa celebración dun Certame de Corais, no que as agrupacións participantes interpretarán Panxoliñas. Actuarán a Coral Polifónica San Mamede de Zamáns, a Coral Polifónica Novos Aires de Nigrán, a Coral Polifónica San Esteban de Redondela e o Coro San Vicente de Mañufe. Será a partir das 19:30 horas no Centro Cultural de Mañufe.