“Sesión Vermú” con DJ Viktor Flores este sábado na Praza de Urzáiz de Gondomar

O DJ nigranés Viktor Flores será o protagonista dunha longa sesión vermú este sábado 2 de setembro na Praza de Urzáiz de Gondomar, organizada pola Tapería Ágora. Durante 4 horas, de 12 a 16 horas, Flores poñerá a banda sonora para todos os que se acheguen a Gondomar, con sons Tropicais, Disco, Pop, Deep House, etc.

Ademais, o evento coincide coa apertura do Concurso “As Tapas do Conde”, que celebran os establecementos hostaleiros de Gondomar, polo que se espera un día de gran animación no pobo.

VIKTOR FLORES

DJ nigranés con máis de 20 anos de traxectoria. Ex residente e programador do estrañado club vigués Vademecwm. Fundador do Festival Sinsal e Ex director de Márketing Cultural de Red Bull España. Pinchou en numerosos clubs e festivais de toda España e o estranxeiro (Portugal, Sudáfrica, Austria, Turquía…), incluíndo o festival Sónar de Barcelona en 5 ocasións, Festival Internacional de Benicassim, Low Festival, Festival Sos, Monegros… Actualmente, traballa como programador cultural e comisario, ademais de impartir clases no Máster oficial da Universidade Camilo José Cela de Madrid.

Anuncios